publicidade hoxe

Exhibición artística do Club de Patinaxe Artística de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Festival de patinaxe en Gondomar

Festival de patinaxe en Gondomar

O pasado domingo 14 de xuño, ás 20 horas no pavillón de Donas, o Club de Patinaxe Artística deGondomar realizou unha exhibición como peche da tempada, deste xeito mostrouse aos pais todo o traballo realizado durante todo o ano, no que este Club, non parou de acadar títulos. Á devandita exhibición asistiu o alcalde  Francisco Ferreira, acompañado polas concelleiras, Nuria e Iria, os cales disfrutaron do magnífico traballo que se está levando a cabo dende o Club, o que referiu o novo alcalde de Gondomar “ como unha referencia ao esforzó e ao traballo en equipo”.

Como Clubs invitados estivo o Club Condado, Club Soutomaior e a Escola Bahiña. Houbo actuacións de Niveis e de Show, deleitando a todo o público coas súas coreografías . En esta exhibición puidose observar o crecemento do Club e o gran potencial da canteira, onde os máis pequenos mostraron a su destreza sobre os patíns.

Entre os participantes do CPA de Gondomar estivo o grupo que debutou en Francia coa súa coreografía ” Cosa de Dos”, no Campionato Internacional de Grupos Show co que alcazarono 1º posto.

A afluencia de público fixo que se enchese o aforamento e que a convocatoria fose todo un éxito. Tanto o club coma o Concello de Gondomar, celebran así o bo funcionamento desta formación deportiva augurando futuros éxitos e recoñecementos que axuden a valorar a calidade deportiva do Val Miñor, e a situar a Gondomar nos escenarios deportivos nacionais e internacionais.

15 de xuño de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.