Este sábado celébrase o Trilho do Facho en Valença

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este sábado 13 de xuño, a Eurocidade Tui-Valença organizará, dentro do IV Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables, o “Trilho do Facho”, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende a Igrexa Matriz de Fontoura, percorrendo as freguesías de Fontoura e Cerdal.

Como en edicións anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o punto anterior, será no aparcadoiro do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas.

Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 13 quilómetros, sendo o grado de dificultade moderado, cunha duración do percorrido de arredor de 6 horas.

Toda a información referente ao Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

9 de xuño de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.