publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Entréganse os diplomas da escola de maiores de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Hoxe, 23 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas  a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira Ana Abad, ás 40 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.

O curso tivo unha duración de outubro de 2014 a xuño de 2015. As clases desenvolvéronse nunha aula da Oficina Municipal de Información Xuvenil, sempre en horarios de mañá. Dentro das materias didácticas impartidas, os alumnos/as accederon a coñecementos de matemáticas, xeografía, língua, literatura, historia, etc., cuns niveis adaptados ás posibilidades dos mesmos, e tamén, pero só nalgúns casos, escritura e lectura básicas.

Durante este período, ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais: a primeira a Lugo, o 19 de marzo do presente ano, visitando as Murallas, a Catedral, o Museo Provincial, as Termas, etc.; a segunda, o 3 de xuño a Pontevedra, visitando todo o casco vello, a Igrexa de San Bartolomé,, etc.

O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación,  mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.

COMEZA O OBRADOIRO DE MEMORIA

Como vimos, rematou o curso da Escola de Maiores,  pero as actividades continúan dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 6 de xullo de 2015 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición xa están anotadas 35 persoas, rematando o prazo o 30 deste mes de xuño.

Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a  previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.

23 de xuño de 2015 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.