Emprende VGA conclúe cunha xornada de experiencias de éxito e conclusións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Emprende VGA, o programa de emprendemento promovido polo Concello de Vilagarcía, conclúe o vindeiro luns cunha xornada no auditorio no que se presentarán conclusións, proxectos mentorizados dentro deste programa e casos de éxito de emprendemento na propia cidade. O evento se desenvolverá durante toda a tarde no auditorio, no que haberá tempo tamén para amosar as distintas vías de financiamento para os emprendedores. O acto será clausurado polo novo alcalde de Vilagarcía.

O programa, desenvolvido baixo a dirección técnica do coworking DalleqDalle, é o seguinte:

16:00 Recepción
16:30 Inauguración xornada
16:40 Mesa Redonda 1: ¿Emprendemos?
• Pilar Alves de Sinerxia, Sociedade Cooperativa Galega. “La cooperativa, una fórmula para emprender”.
• Ricardo Fra y Lucía Saborido, de Saraiva. “En un constante emprendimiento”.
• Reyes Casabella Mouta, de Agtamar-Upta. “Formas jurídicas por las que puede optar el autónomo”.
17:20 Mesa Redonda 2: Financiación para emprendedores.
• María de la Merced Alfonso Leiro, directora de La Caixa. “Microbank”
• Pilar Alves, de Sinerxia, Sociedade Cooperativa Galega. “Financiación alternativa para Pymes y emprendedores”.
17:50 Presentación de proxectos mentorizados en EmprendeVGA.
18:20 Descanso. Colaborador: Marcos Ramos Cascallar- Tu café.
18:50 Presentación conclusións: Taller de exploración urbana.
19:05 Experiencias de éxito en Vilagarcía.
• Pablo Vidal “Jazz pagano”
• Franco Quintáns “Tu empresa eres tú”
• Miguel Ángel de Kemegal “Pensando en grande”
• Marcos Ramos Cascallar “Querer es poder”
• Dores Crespo de D’allegro. “Innovación con arte”
20:05 Acto de Clausura- Alcalde de Vilagarcía
20:25 Concierto despedida Pablo Vidal.

12 de xuño de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.