Eli Gras estará nos concertos de Imaxina Sons o mércores 1 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+

A artista sonora Eli Gras nos concertos de Imaxina Sons o mércores 1 de xullo. Artista multidisciplinar, Eli Gras (Barcelona, 1971) percorreu musicalmente un ecléctico abano de xéneros que van desde o noise, electro-pop, música grega, minimalismo, folk, coral ou electroacústica, aínda que sempre centrando a súa actividade na improvisación libre e a arte sonora. O mércores 1 de xullo chega ao 11º Imaxina Sons cun concerto no MARCO ás 20:30h. Por outra parte, a Academia de Sons continúa o mércores 1 de xullo cun obradoiro de stop motion no que os asistentes realizarán un videoclip de plastilina para unha peza musical de jazz.

Eli Gras tocou en moreas de festivais e salas europeas (Worldtronics, Experimentaclub, Blurred Edges, Sónar), expuxo as súas obras en diferentes centros artísticos (Drap-Art, CCCB) e realiza habitualmente obradoiros e charlas. Luthier experimental, creou as instalaciónsconcerto “Saló Sonor” e “Peeled Piano” traballando a reciclaxe creativa e tocado cunha morea de artistas, entre eles Pierre Bastien, Nuno Rebelo,Pelayo Arrizabalaga, David Fenech ou Alain Wergifosse. En paralelo desenvolve a súa faceta dadá-pop tanto co dúo Motor Combo como en solitario, realizando concertos nos que mestura humor, surrealismo, folk e electropop.

Alén da súa actividade musical, traballou en diversos campos da creación como a escrita, o deseño, cine de animación, vídeo ou efectos especiais, ademais de na produción de eventos ou comunicación. É fundadora e directora do Festival NoNoLogic e do selo La Olla Express.

A súa proposta de concerto para Imaxina Sons inclúe electrónica, xoguetes sonoros e proxeccións a cargo de Mar Morey. A entrada ten un prezo de 3 euros.

Na xornada do mércores tamén segue a Academia de Sons en horario matutino, no MARCO. Desta vez coas creadoras de Illa Bufarda que ensinarán aos asistentes a realizar unha animación en plastilina. A peza musical escollida é “Destino Vigo” da batería e compositora Lucía Martínez.

Venda de entradas:
www.ataquilla.com / 902 504 500
Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

Concertos de pagamento
-Salón de actos do MARCO: 3 € + gastos de xestión
-Auditorio Municipal do Concello: 5 € + gastos de xestión

Venda de entradas no mesmo día dos concertos. Nos despachos de billetes da sala do concerto desde unha hora antes do
seu comezo

30 de xuño de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.