publicidade hoxe

Educación licita a ampliación do IES Perdouro por 430.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, licita por preto de 430.000 euros as obras de ampliación do IES Perdouro, en Burela, cuxas obras está previsto que comecen este mesmo verán. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de licitación, (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioG0164-220615-0004_gl.html), cun prazo de execución de catro meses, polo que está previsto que os traballos rematen a finais de ano.

Esta actuación -cofinanciada con fondos FEDER- enmárcase no Plan de renovación e mellora de infraestruturas e equipamentos da Consellería de Cultura e Educación para toda Galicia, que suporá un investimento de preto de 18,4 millóns de euros.

No caso concreto do IES Perdouro, o obxectivo da obra é dar resposta á demanda de novos espazos que presenta o centro a raíz da implantación da Formación Profesional Básica. En concreto está previsto crear un novo taller da familia profesional de Fabricación Mecánica no espazo antes destinado a aulas de electrónica e tecnoloxía, así como construír un novo volume de planta baixa, onde se situarán outras dúas aulas taller de tecnoloxía e de electrónica, así como aseos adaptados. En total a superficie construída será de 344 metros cadrados.

Desta forma o investimento supón unha clara aposta do Goberno galego pola consolidación da FP Básica como unha oportunidade para que os máis novos permanezan no sistema educativo, e tamén para dotar os centros educativos de instalacións axeitadas para unha ensinanza de calidade.

29 de xuño de 2015 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.