Educación destina 700.000 euros á ampliación do CEIP de Roxos en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se licita a contratación da obra de ampliación do CEIP de Roxos en Santiago, cun orzamento de 705.808,74 euros, unha obra cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O obxectivo desta actuación é dar resposta á necesidade de creación de prazas de escolarización nesta zona e atender deste xeito a demanda xerada. Mediante esta obra dotarase ao centro de tres aulas de Infantil con aseo, unha sala de usos múltiples, dúas aulas de apoio e servizos comúns. O inicio dos traballos está previsto contra o verán, co fin de evitarlle molestias á comunidade educativa.

3 de xuño de 2015 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.