publicidade hoxe

Dúas xóvenes de Ortigueira logran o primeiro premio do concurso de viñetas pola igualdade da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

Os primeiros postos do Concurso de Viñetas que cada ano organiza a Deputación da Coruña viaxan ao concello de Ortigueira. Dúas mozas deste municipio, Anthía Suárez Pernas e Estefanía García Méndez, fixéronse co primeiro premio nas dúas categorías, a primeira de 12 a 14 anos e a segunda de 15 a 18. Cada unha recibirá como agasallo un iPAD AIR e unha colección de cómics.

Este ano o concurso de viñetas, que pretende facer reflexionar á xuventude sobre o problema da desigualdade de xénero, centrouse no papel da muller no sector primario para conseguir, tamén neste ámbito, un cambio de valores e modelos. O obxectivo é xerar conciencia na mocidade, xa que é o motor do cambio e do futuro, e fomentar a súa participación nunha actividade de sensibilización coma esta.

Ademais das dúas gañadoras, hai un segundo e terceiro posto en cada categoría. Entre os máis novos Mar Aneiros Rosado, da Coruña, conseguiu ser a segunda finalista e Laura Caamaño Cespón, de Cee, a terceira.

Entre os 15 e 18 anos, Lucas Sixto Carballeira, de Neda, quedou en segundo posto e María Fernández González, de Ribeira, o terceiro. Todos eles levarán tamén un premio, que consiste nunha tablet e unha colección de cómics.

22 de xuño de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.