Dezasete novas detencións pola liorta na que morreu o seareiro do Dépor ‘Jimmy’
A Policía Nacional detivo a 17 persoas, 14 delas en Madrid, no marco da investigación pola liorta entre ultras dos Riazor Blues e da Fronte Atlética na que morreu o seguidor do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero, alias ‘Jimmy’. Fontes policiais explicaron que se detivo a unha persoa en Valencia, dúas en Toledo e 14 na Comunidade de Madrid. A investigación segue aberta e non se descartan máis detencións.
Os cargos que pesan sobre os detidos son rifa tumultuaria e a dous dos arrestados, que son madrileños, tamén se lle imputa un delito de homicidio, segundo indican as mesmas fontes. A pelexa entre ambas as inchadas tivo lugar o 30 de novembro do ano pasado nas inmediacións de Madrid Río e nela morreu o seguidor do Deportivo de 43 anos.











