Declara un imputado polo atropelo mortal na avenida do Aeroporto en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Unha persoa prestou declaración en calidade de imputada en relación ao atropelo mortal dunha muller rexistrado na madrugada do luns na Avenida do Aeroporto da cidade olívica. Segundo informaron fontes policiais, o luns tomouse declaración “en calidade de imputado” a un individuo polo atropelo mortal, cuxas circunstancias investiga a Policía Local de Vigo.

Os feitos tiveron lugar sobre a medianoite do luns á altura do número 686 da Avenida do Aeroporto onde a muller M.V.C.L., de 41 anos de idade, foi supostamente arroiada por un vehículo. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil, Policía Local e 061, pero os sanitarios non puideron facer nada pola muller, que faleceu.

16 de xuño de 2015 | 10:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.