David Palmas será as dúas vindeiras temporadas xogador do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
David Palmas

David Palmas

David Palmas será xogador do Santiago Futsal tras asinar co conxunto da capital galega polas dúas vindeiras temporadas. O peche galego volta ao Santiago Futsal tras formar parte do Ribera Navarra as últimas tres temporadas. Neste tempo convertíuse nun dos peches máis respetados da Primeira División pola súa gran experiencia e intelixencia na pista.

Con 29 anos, o canteirán do Santiago Futsal, volta ao equipo no que xogou cinco temporadas antes da súa marcha ao Ribera Navarra e co que acadou a Copa de España no 2006 e a Supercopa de España en 2010.

O técnico do Santiago Futsal, Santi Valladares referíuse a el como “é peche, posición na que non contabamos cun especialista a temporada pasada, con boa saída de balón, bo defensor de pívot, sendo unha das súas mellores virtudes a anticipación. É coñecedor da filosofía do club e con moita experiencia en Primeira División.”

22 de xuño de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.