David Palmas preséntase como xogador do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación de David Palmas

Presentación de David Palmas

Esta mañá tivo lugar a presentación de David Palmas como novo xogador do Santiago Futsal para a dúas vindeiras temporadas. O acto tivo lugar na Bodeguilla de San Roque onde o xogador estivo acompañado do presidente do club Ramón García. Ramón García destacou a importancia da volta dun xogador como David Palmas, que estivo no equipo compostelán cando alzou a Copa de España no 2006  “O regreso de Palmas supón a volta do primeiro canterán con maiúsuculas que se formou neste club. Nun plantel con moitas estrelas hai case 10 anos, Palmas conseguíu asomar a cabeza e desfrutar de momentos únicos como fui a consecución Copa de España no ano 2006.”

O presidente salientou tamén que “David Palmas é un dos peches de referencia na Liga Nacional de Fútbol Sala. Volta a Santiago tras facer unha magnifíca temporada no Aspil Vidal, sendo toda unha referencia e, o que é tamén moi importante, un líder no seu equipo.  É para nós é unha fichaxe que nos fai especial ilusión. David é un xogador da casa, un xogador  de Santiago. É especialista na sua posición e que coñece perfectamente a filosofía de traballo do club. Decidíu apostar e xogar no Santiago Futsal e estamos seguros de que disfrutaremos dun excelente peche no Santiago Futsal a vindeira temporada.”

Pola súa parte, David Palmas agradeceu a confianza que o club lle transmitíu e dixo “Foi importante para min que o club me chamara e demostrara o interese que tiña por mi. Eu chego aquí para ocupar unha posición que o clube quería reforzar e cando o xogador é da casa e encaixa no proxecto o puzle é fácil de solucionar. Está claro que esta é a miña casa.”

Así memo, o xogador engadíu “Eu son a mesma persona que cando marchei pero como xogador collín máis experiencia a base de xogar máis minutos, máis partidos…  aprendes dos errores e adquires máis confianza.”

25 de xuño de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.