“Da Praza ó Prato” é a nova iniciativa do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Na praza de abastos de Carballo o sábado 13 de 10:30 a 12:00 e de 12:30 a 14:00 os nenos de 5 a 12 anos, con un aforo máximo de 25 cativos por quenda, poderán anotarse gratuitamente nesta actividade que mestura aprendizaxe da tradición e cultura mariñeira ca gastronomía local.

A actividade consistirá en realizar una excursión pola praza de abastos e un obradoiro de cociña, da man dun chef con experiencia e de carácter afable para tratar cos rapaces xunto con dúas monitoras.

Na praza de abastos explicarase ós rapaces o tipo de peixes e mariscos á venda, o seu método de captura e tódolos procesos que pasan dende que o peixe está no mar ata que o temos preparado para a súa degustación.

Logo desta andaina con fin educativo, reservarase un espazo na praza de abastos para o obradoiro de cociña, onde se encontrará o mesado de traballo e útiles para o bo desenvolvemento da actividade. Levaranse a cabo receitas con base mariñeira, con materia prima do territorio de primeira calidade, co fin de seguir ensinando ós pequenos as bondades dos produtos do mar.

Para a inscrición pode dirixirse o correo electrónico info.gac3@accioncosteira.es ou ben no teléfono 981707378 de luns a venres de 8:30 a 15:00 horas. As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición.

1 de xuño de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.