publicidade hoxe

Curtis presenta o proxecto ‘Deseñando o teu futuro’ para estadías de xóvenes en empresas no verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+
Presentación do proxecto en Curtis

Presentación do proxecto en Curtis

Antonio Fraga, tenente de alcalde de Curtis, e a nova concelleira de Igualdade, Xuventude e Voluntariado, Esther Lago, presentaron onte no Instituto de Curtis o proxecto ‘Deseñando o teu futuro’ destinado a mozos de entre 14 e 18 anos de idade. A través desta iniciativa de educación non formal poderán realizar estadías durante 15 días nas empresas que elixan como unha primeira aproximación ao mundo laboral.

O programa, financiado pola Consellería de Traballo e Benestar, dará a oportunidade a 30 xóvenes que poidan ter interese nos sectores da carpintaría metálica, automoción, panadaría, construción (pedra e prefabricados), transporte, biomasa, carpintaría de madeira, sector lácteo, hostalaría e a industria da madeira.

As estadías desenvolveranse entre os meses de xullo e agosto e terán unha duración de 15 xornadas hábiles, 5 horas diarias. Cada participante recibirá 6 euros por día na empresa para cubrir os gastos de manutención e desprazamento.

Os mozos interesados deberán inscribirse ata o 3 de xullo a través do Servizo de Orientación Laboral de Curtis.

18 de xuño de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.