Cursos de iniciación á vela lixeira en Ferrol
Novos horarios e prezos para os cursos de iniciación á vela lixeira que se impartirán durante o verán deste ano 2015. Os cursos terán lugar entre as seguintes datas: 22 de xuño e 11 de setembro, e van dirixidos a nenos principalmente (de entre 7 e 14 anos que saiban nadar), pero tamén estarán abertos a adultos, sempre que haxa disponibilidade de embarcacións para estas persoas.
Os mesmos serán semanais e desenvolveranse, nas instalacións náuticas municipais da Cabana, en xornadas de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas ou ben entre as 16:00 e as 20:00 horas (semanas alternas, unha semana horario de mañá e outra semana horario de tarde, comezando a semana do 22 ó 26 de xuño en horario de mañá). É dicir, a duración de cada curso será de 20 horas, das cales aproximadamente 4 horas dedicaranse ó coñecemento teórico da navegación a vela e as outras 16 horas corresponderán a aspectos prácticos (montaxe e desmontaxe e aparello dos barcos e navegación).
O precio de cada curso será de 45 €, que inclúe a correspondente licencia federativa de escola expedida pola Federación Galega de Vela.
As plazas, nun principio, estarán limitadas a 15 alumnos por curso, pero poderán ampliarse ou reducirse en función das necesidades do club e da programación de regatas do equipo de regatas.











