Curso gratuito de preparación do ámbito científico-tecnolóxico para o exame de graduado en ESO en Ponte Caldelas
En xullo comenzará, no concello de Ponte Caldelas, se existe demanda suficiente, un curso gratuito para a preparación do exame do ámbito científico-tecnolóxico do graduado en ESO. Trátase de aproximadamente dous meses de actividade formativa, con clases de catro horas diarias(de 10:00 a 14:00 horas), dous días á semana. A financiación do citado curso correrá a cargo do Concello de Ponte Caldelas.
Os/as interesados/as poderán presentar solicitudes nas oficinas xerais do Concello, ou dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local(986750013-ext.3) ata o 2 de xullo. Dado que só existen 25 prazas, terán prioridade, en relación cos cursos de preparación de exámenes de ESO organizados polo Concello nos anos 2014 e 2015, en primeiro lugar os/as pontecaldelenses que nos os solicitaron, e, en segundo lugar, os/as que os solicitaron e asistieron regularmente.
As persoas interesadas en obter o temario dos ámbitos: Comunicación e Social, poderán dirixirse á casa de cultura e solicitalo. Entregaráselles copia gratuitamente.
Con esta iniciativa, o Concello de Ponte Caldelas pretende seguir coa loita contra o abandono escolar e facilitar aos/ás pontecaldelenses a base para que non se lles cerren as portas a outras actividades formativas, primordial nos tempos de crise que corren. Cabe destacar que, en numerosas ocasións, os/as desempregados/as non poden acceder a un determinado curso con certificado de profesionalidade, que lles abriría camino no mercado laboral, debido a que no están en posesión del título de Graduado en ESO o de competencias clave.