publicidade hoxe

Curso de inciación á fotografía dixital en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Concellaría de Mocidade do Concello de Gondomar vai pór en marcha un curso de Iniciación á fotografía dixital para mozos e mozas entre 15 e 25 anos que desexen sacar o máximo partido a súa cámara, coñecendo os seus segredos e espremendo o máximo a creatividade de cada un. Este curso vai levar a cabo no mes de xullo, dous días a semana en horario de 10:00 a 13:00 horas. Os interesados en inscribirse teñen que recoller a solicitude na OMIX do 8 ao 26 de xuño. Para máis información poden dirixirse a OMIX, situada na Casa da Cultura ou porse en contacto a través do 986.369.746 ou omix@concellodegondomar.com.

19 de xuño de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.