Curso de fotografía para menores no C.A.T no mes de xullo
Obradoiro no que os participantes poderán coñecer os rudimentos da fotografía e facer percorridos titorizados pola zona histórica sacando o mellor partido ás súas cámaras. O curso pretende introducir aos alumnos no mundo da fotografía dun xeito didáctico e participativo, coñecendo as bases da linguaxe fotográfica.











