Cuqui Bakes gaña o concurso de escaparates do Arde Lvcvs

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O I Concurso de Escaparates do Arde Lvcvs 2015 xa ten gañadores. O xurado, reunido este xoves, decidiu, de entre os 25 establecementos participantes, concederlle o primeiro premio a Cuqui Bakes, un local de repostería creativa. O galardón consiste en 600 euros, promoción publicitaria e unha máscara de teatro romano. O segundo premio foi para o local de moda e complementos Veritas Veritatis, que recibirá 300 euros e promoción publicitaria, e o terceiro, que consiste en 200 euros e promoción publicitaria, para Perfect Day. O xurado estivo composto por Mercedes Barreiro González, Laura Coroas Arias e Christian Gutiérrez Santín. A entrega dos galardóns terá lugar o domingo, ás 12.45 horas, no quiosco da Praza Maior

18 de xuño de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.