Cuíña participou na súa primeira reunión do Eixo Atlántico dende que é alcalde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Rafael Cuíña na reunión do Eixo Atlántico

Rafael Cuíña na reunión do Eixo Atlántico

Cuíña participou por primeira vez dende que é alcalde nunha reunión do Eixo Atlántico. O rexedor apostou pola colaboración transnacional entre concellos para mellorar o turismo, e tivo a oportunidade de tratar temas de interese común con outros rexedores galegos.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, viaxou hoxe á localidade portuguesa de Viana do Castelo para participar nunha reunión do Eixo Atlántico. O rexedor formou parte da xuntanza representando ao concello de Lalín, na que foi a súa primeira participación como alcalde neste órgano de colaboración entre Galicia e Portugal.

Hai que destacar que os representantes do Eixo lle ofreceron a Cuíña a Vicepresidencia do órgano, cargo que cedeu ao alcalde do Barco de Valdeorras para, segundo dixo, “poder dedicarse a tempo completo ao concello de Lalín”.

No transcurso do acto, Cuíña fixo unha aposta pola cooperación transnacional entre concellos, como modelo de promoción e mellora turística. Así, xa se estableceron os primeiros contactos con alcaldes de localidades como Monforte de Lemos, Matosinhos ou Viana do Castelo, co obxetivo de manter unha colaboración a nivel intermunicipal que permita poñer en valor elementos turísticos de relevancia como os camiños a Santiago e o Camiño de Inverno.

O alcalde de Lalín tamén participou na inauguración da praza do Eixo Atlántico e na exposición Expocidades, na que ten presenza o concello de Lalín. Ademais, tivo a oportunidade de manter un encontro con diferentes rexedores galegos, para tratar asuntos de interese común.

19 de xuño de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.