Convócanse os premios sobre a perspectiva de xénero nos traballos fin grao e máster

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Muller acaba de facer pública a segunda convocatoria dos premios Ernestina Otero, para a incorporación da prespectiva de xénero nos traballos de fin de grao e master para os alumnos do campus de Pontevedra. A partida destinada para este fin é de 4.000 euros. A data límite para a presentación dos traballos será o vindeiro 4 de setembro.

As bases do concurso son as seguintes:

Introdución

Entre os obxectivos do Consello das Mulleres do Concello de Pontevedra atópase incluír o fomento da igualdade entre homes e mulleres, facilitando a sensibilización e participación de toda a cidadanía. Peza clave para conseguir este obxectivo é o compromiso da comunidade educativa xa que resulta fundamental traballar a perspectiva de xénero nas poboacións máis de novas e favorecer a choesión cidadá coa universidade.

Participantes

Estudantes de todas as facultades e escolas universitarias que a Universidade de Vigo ten no campus de Pontevedra.

Premios e dotacións

Concederánse catro premios para as dúas categorías, dous premios para os dous mellores traballos de fin de grao por importe de 1.000 euros cada un, e outros dous para os dous mellores traballos de fin de master por importes de 1.000 euros cada un deles puidendo, no caso de quedar deserto algún dos premios de calquera das categorías, pasar a outorgarse na outra categoría.

Será premiado o mellor traballo que incorpore a perspectiva de xénero e a súa facilidade de implementación práctica, promovendo accións que favorezan e fomenten a igualdade real entre homes e mulleres.

As persoas que obtiveran o premio recibirán, ademais da achega económica, un diploma de mención pola presentación do seu traballo que se entregará nun acto público nas datas que se determinne. A información sobre os gañadores deste concurso será oportunamente comunicada a todas as entidades sociais, á comunidade educativa da cidade e ás persoas de relevancia neste eido.

Formalización, entrega e termos da solicitude

Os traballos presentados deben terse defendido ao longo do curso 14/15. A temática ten que tratar sobre “fomento da iualdade entre homes e mulleres, facilitando a sensibilización e a participación de toda a cidadanía”. Serán obxecto desta convocatoria aqueles cinco mellores traballos presentados en cada unha das escolas e facultades pertencentes ao campus de pontevedra, e que acaden unha nota mínima de notable. Posteriormente serán avaliados por unha comisión atendo os criterios no punto 4.3 desta convocatoria.

A documentación presentada poderá ser retirada dentro dos tres meses seguintes á adxudicación do premio. Transcorrido dito prazo será destruída.

O Xurado

A composición do xurado será a seguinte:

• Directora do CIM

• Catro representantes do Concello de Pontevedra

• Cinco representantes da Universidade, un por centro e ámbito.

O xurado poderá solicitar canta información complementaria considere oportuna antes da resolución. O premio e as mencións poderán declararse desertas.

O veredicto do xurado será inapelable e comunicarase sete días antes da entrega dos premios mediante a páxina web pontevedra.gal A entrega dos premios farase en acto académico, debidamente anunciado, durante a semana que o Concello adique á igualdade.

Protección de datos

Os datos persoais dos participantes incorporaranse a un ficheiro de responsabilidade do Concello.

Os gañadores autorizan expresamente que o seu nome e apelidos sexan publicados nos medios de comunicación qu publiciten estes premios e referenciar a obra gañadora.

9 de xuño de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.