publicidade hoxe

Controlado un incendio nun palleiro en Val do Dubra que se atopaba próximo a unha casa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVal do Dubra
A-
A+
Europa Press

Os bombeiros de Santa Camba traballan na extinción dun incendio declarado nun palleiro situado xunto a unha vivenda no lugar de Quintán, na parroquia de Buxán, en Val do Dubra (A Coruña), informa o 112. A casa, segundo sinala o centro de atención ás emerxencias de Galicia, non se viu afectada polo lume, que está controlado. O suceso produciuse sobre as 2,00 horas, de acordo coa alerta dada por un particular. O 112 pediu a intervención dos efectivos do parque comarcal de Santa Camba, axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Val do Dubra.

25 de xuño de 2015 | 10:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.