publicidade hoxe

Continúa a busca do peregrino desaparecido en Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterra
A-
A+
Europa Press

Salvamento Marítimo prosegue este mércores sen novidade a busca do peregrino alemán que permanece desaparecido dende o pasado venres na praia de Langosteira, no municipio coruñés de Fisterra. Segundo informaron fontes do operativo, este mércores participa pola mañá por mar na busca, que se centra no seo de Corcubión, a patrulleira ‘Río Andarax’ da Guardia Civil.

Mentres, para a xornada de tarde está previsto que colabore no rastrexo a embarcación ‘Salvamar Regulus’ e o helicóptero ‘Helimer 205’ de Salvamento Marítimo, que ten un exercicio programado na Ría de Muros e despois trasladarase á zona de busca.

Os servizos de emerxencias foron alertados por un veciño da zona que viu o home cando se bañaba na Praia de Langosteira o pasado venres. Na xornada do sábado, a testemuña regresou ao lugar e observou que a roupa e pertenzas do peregrino continuaban no areal.

3 de xuño de 2015 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.