Contando en feminino visita a capital da Arte Rupestre
Viaxaran ata Campo Lameiro, a capital da Arte Rupestre, na Comarca de Pontevedra, para achegar contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade. A cita coa igualdade será o luns 22 de xuño na Biblioteca Pública Municipal Irmáns Ricoi do Concello de Campo Lameiro, ás 18:00 h.