Concello de Ourense e Xunta reforzarán a colaboración e anuncian un obradoiro de emprego na marxe do río Miño
Concello de Ourense e a Xunta de Galicia reforzarán a colaboración no desenvolvemento de proxectos na cidade, segundo manifestaron o alcalde e Ourense, Jesús Vázquez, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, trala xuntanza mantida esta mañá na Alcaldía. Con esta finalidade, representantes de Concello e Xunta manterán xuntanzas periódicas e constantes para tratar diferentes temas importantes para a cidade que requiren a implicación dambas institucións
Alcalde e delegado anunciaron a posta en marcha dun obradoiro de emprego que actuará na marxe dereita do río Miño, con 23 alumnos/as e 6 formadores/as nas especialidades de carpintería, xardinería e albanelería, un plan integrado, e un curso AFD (acción formativa para desempregados), accións en materia de emprego que, xunto coa contratación de perceptores de RISGA e orientadores laborais, supoñen unha achega económica de case 700.000 euros por parte da Xunta.
Plan de emprego ou transporte metropolitano son outros dos temas nos que Concello e Xunta de Galicia seguirán traballando en próximas reunións.











