Concello de Ourense e SGAE estudan vías de colaboración a prol da actividade cultural na cidade das Burgas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Cultura, Francisco González, mantiveron unha xuntanza esta mañá no Concello con Juan Carlos Fasero, director da Zona Noroeste da Sociedade Xeral de Autores e Editores, SGAE (Galicia, Asturias e Cantabria) na que estudiaron vías de colaboración entre o Concello e a SGAE a prol da actividade cultural na cidade.

Entre elas, o alcalde avanzou que o Concello estudiará a posibilidade de adherirse ao convenio marco asinado pola SGAE coa Federación Española de Municipios e Provincias, que permitiría obter un aforro económico para o Concello en materia de dereitos de autor, ou asinar un convenio coa Fundación da SGAE para desenvolver actividades culturais na cidade.

22 de xuño de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.