Concello de Ourense e Ministerio de Fomento avanzan no desenvolvemento de proxectos como a integración ferroviaria e a circunvalación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense e Ministerio de Fomento avanzarán no desenvolvemento de proxectos fundamentais para a cidade, como a integración ferroviaria, a circunvalación norte ou bulevar termal, entre outros, segundo anunciaron esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, trala xuntanza mantida esta mañá no Concello.

Sobre a integración ferroviaria, adiantaron a próxima constitución dun grupo de traballo no que participarán Concello de Ourense, Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e a  Deputación para pechar o proxecto definitivo. En relación coa circunvalación norte, estase a rematar a redacción do proxecto do primeiro tramo, coa previsión de que poda ser licitado polo Ministerio o próximo ano. A execución deste proxecto permitiría acometer tamén a construción do bulevar termal. 

O alcalde e a ministra manterán unha xuntanza en Madrid o próximo mes de xullo para avanzar nestes e outros proxectos a desenvolver na cidade

20 de xuño de 2015 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.