publicidade hoxe

Compromiso por Miño e o PP chegan a un acordo para asegurar a gobernabilidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
Europa Press

Compromiso por Miño e o PP chegaron a un acordo para “asegurar” a gobernabilidade neste Concello, segundo informa o propio alcalde, Ricardo Sánchez Oroza, nun comunicado, tras a reunión mantida este mércores por ambas as dúas formacións. En concreto, o único concelleiro de Compromiso por Galicia (CxG) elixido nas eleccións municipais e que chegou á Alcaldía cos votos dos seis edís do PP afirma que a partir de agora continuarán “traballando sobre cuestións relacionadas co programa político”.

Horas antes do encontro co PP, Ricardo Sánchez recoñeceu a existencia de reunións con esta formación para “chegar a un acordo”, pero non quixo facer máis declaracións sobre cáles serían as condicións para poder gobernar, despois de que o PSOE condicionase calquera diálogo á súa dimisión.

Sobre os socialistas, Ricardo Sánchez manifestou que “nunca accederon a ningún tipo de acordo” con eles. Máis alá desta confirmación, evitou pronunciarse sobre a situación de Miño e remitiuse ao comunicado, de dúas liñas, remitido esta tarde.

APOIO DO PP

Pola súa parte, o exalcalde e voceiro do Grupo Municipal do PP, Jesús Veiga, contestou, ao ser preguntado se houbo ou non pacto con Compromiso por Galicia, que “a Alcaldía non caeu dun guindo”, despois de que esta formación negase un acordo previo.

Esta é a tese que mantén o PSOE de Miño, quen rexeitou a posibilidade de sentar a negociar para conformar un goberno se antes o alcalde non presentaba a súa dimisión.

17 de xuño de 2015 | 20:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.