Completo programa turístico para o verán buenense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A Oficina de Turismo de Bueu xa ten listos os horarios definitivos de apertura deste verán. Así, ata o 27 de setembro, a Oficina da sala Domínguez Búa abrirá de luns a xoves de 10.30 a 15 e de 17.30 a 20.30, e de venres a domingo, incluídos os festivos, en horario ininterrompido de 10 a 21 horas. Este servizo de atención será levado a cabo entre a técnica de turismo do Concello e membros da empresa Estela, concesionaria do servizo.

A empresa tamén será a encargada da atención da Aula de Natureza Cabo Udra do 3 de xullo ao 30 de novembro, polo que poderá haber visitas os venres de 19 a 21 horas e os sábados, domingos e festivos de 11 a 20.30.

Pola súa banda, o Concello tamén organiza un ano máis rutas de sendeirismo que se celebrarán os sábados ata o 19 de setembro, cunha duración estimada de catro horas, e para os que irán abrindo inscrición nas vindeiras semanas. Complétanse estas rutas de sendeirismo, con camiñadas urbanas guiadas todos os luns de 20.30 a 22.30 horas. Con esta iniciativa, o Concello pretende seguir co programa iniciado no 2011 “E ti de quen vés sendo?”. Por último, coordinaranse visitas guiadas ao museo Massó en horario nocturno.

26 de xuño de 2015 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.