Comezan os sendeiros pedagóxicos no Monte Xalo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, participou este luns na xornada inaugural dos Sendeiros Pedagóxicos, actividade organizada pola Asociación Castelo Deporte co financiamento da institución provincial. A iniciativa, que busca un maior coñecemento da historia de Galicia e da vida en contacto coa natureza, está dirixida a escolares da comarca e consiste nun percorrido “educativo” a través de diferentes localizacións do Monte Xalo.

Tras completar a actividade, que se manterá durante toda a semana con colexios de Culleredo, Oleiros e A Coruña, Calvo eloxiou a iniciativa dos integrantes de Castelo Deporte, xa que, segundo explicou o presidente, “temos o monte moito máis preto do que pensamos e esta é unha forma perfecta de mostrarlles aos rapaces moitas das cousas que están estudando agora mesmo”.

2 de xuño de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.