publicidade hoxe

Comeza en Verín o proxecto de dinamización xuvenil e infantil ‘Zona Zero’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Concello de Verín impulsa un novo proxecto de dinamización xuvenil e infantil, ‘Zona Zero’, co obxecto de cubrir as demandas de lecer solicitadas polos/as menores do municipio no último Pleno Infantil.

‘Zona Zero’ trátase dun espazo lúdico de encontro, debate, investigación e coñecemento da tecnoloxía. A través da realización de actividades e obradoiros de carácter social e tecnolóxico, os rapaces e rapazas poderán coñecerse, unir, socializar e potenciar as súas habilidades sociais; ademais de dispor un espazo de lecer onde divertirse e relacionarse cos/coas seus/súas iguais.

A mesma está impulsada por CeMIT Innova (Amtega), o proxecto ‘Equilibrio-Balance’ (Verín é un dos 17 municipios españois e noruegos seleccionados para participar neste proxecto, que ten por obxectivo a posta en funcionamento de medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía), UNICEF e Escola de Familia Municipal (naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido).

A ‘Zona Zero’ está situada na Casa da Xuventude, e as súas actividades difundiranse polos centros de ensino de Verín. Máis información e inscrición no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no teléfono 988-411468, na Aula CeMIT de Verín e departamento de Educación Familiar (Avda. de Portugal, 11 bis ou teléfono 988-414776).

5 de xuño de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.