publicidade hoxe

Comeza a funcionar o punto de atención turística situado en Santa Cristina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros informa de que o punto de atención turística situado no paseo de Santa Cristina abrirá as súas portas o próximo martes día 16. Este punto de información é o máis demando polos visitantes do noso municipio en época estival. Nel poden recoller información dos principais puntos de interese cultural, medioambiental e turístico de Oleiros, así como información sobre zonas de ocio e horarios de diferentes servizos. Ao longo do pasado verán a oficina municipal de atención turística atendeu a máis de 5.000 usuarios e usuarias. Este servizo funcionará durante todo o verán ata mediados do próximo mes de setembro. O horario de apertura é de martes pola tarde ata domingo pola mañá, en horario de 10.00 a 14.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.30 horas polas tardes.

12 de xuño de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.