publicidade hoxe

Clase maxistral de Merchi Rodal para os máis cativos de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Merchi Rodal na clase maxistral pola praza de abastos

Merchi Rodal na clase maxistral pola praza de abastos

Un grupo de 25 nenos entre 5 e 10 anos recibiron esta mañá unha clase maxistral de cociña de mans de Merchi Rodal, larpeira na TVG e xerente dos Apartamentos e Hostal Rodeiramar 2A. Dúas horas de actividade na que aprenderon tanto cociña, como o funcionamento da praza e remataron catando as súas propias elaboracións.

Os rapaces vestíronse coma chefs profesionais: gorros e mandís de cores antes de comezar a actividade. Tras formar os equipos, Merchi explicoulles a actividade: debían elaborar dúas pizzas, unha doce e outra salgada. As bolas de masa encargouse a “larpeira” de levalas preparadas e os ingredientes obtivéronos levando aos rapaces polos diferentes postos da praza.

A pizza doce estaba composta de chocolate e froita. Esta masa primeiro a quentaron no forno e despois a cubriron cos ingredientes. A pizza salgada tiña queixo, xamón, tomate e olivas. Para a elaboración os rapaces contaron con todos os materiais necesarios: dende rolos e envases ata un forno grande para facer as pizzas á vez.

25 de xuño de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.