Cinco profesionais mexicanos visitan a D.O. Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Visita dos profesionais mexicanos

Visita dos profesionais mexicanos

A sede do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas acolleu a cata de cinco prescriptores mexicanos. Estes profesionais tiveron a oportunidade de valorar 18 marcas de Rías Baixas que se atopan dentro do Plan de México. Este grupo continúa a súa viaxe por diferentes subzonas desta denominación co obxectivo de coñecer máis detalles sobre os seus produtos amparados. Aos viños catados hai que sumarlle tamén os de nove adegas de Rías Baixas que visitan estes días nas subzonas do Salnés, O Rosal e Condado do Tea. Estes profesionais valoraron moi positivamente a experiencia desta cata e resaltaron que “México é un mercado de tendencias, influído por Estados Unidos, no que os viños brancos de calidade como é o Rías Baixas teñen un gran futuro por diante”.

México ocupa o sexto posto no top-ten de exportacións da D.O. Rías Baixas con 212.071 litros e 1.191.028,62 € no exercicio de 2014. Trátase dun mercado polo que aposta esta denominación de orixe desde hai anos e que conta cun plan propio: “ Trátase dun mercado potencial no que levamos anos traballando e cuxos viños maridan perfectamente coa gastronomía” aseguran desde o depatarmento de promoción da D.O. Rías Baixas.

Breve biografía dos participantes 

Andrés Amor é director comercial e columnista da revista El Conocedor. Tamén escribe a sección de viño  revista e blog Müb´ü e, colabora elaborando artigos, investigacións e entrevistas para diversos medios. Profesor titular en Negocios del Vino na Universidad CESSA e imparte cursos de viño en prestixiosas institucións gastronómicas. Tamén imparte talleres, catas, cursos e experiencias gastronómicas para clientes de alto perfil do mesmo xeito que para amantes do viño.  Tamén é consultor eno-gastronómico de diversos restaurantes. 

Ariel Morais é colaborador da sección Wine no New York Times e consultor enolóxico. Tony Vincent ocúpase de suxerir compras e de elaborar o catálogo de viños do restaurante Trattoría Dell’Arte de Nova York. 

Fernanda Gutiérrez también colabora na  revista El Conocedor. É membro do Consejo Editorial de la Sección Buena Mesa do xornal Reforma. Tamén coordina a Mestría en Administración do Viño en CESSA Universidade e é directora académica de CESSA, Universidade Campus Estado de México.

Lili Flores é catadora/capitán no restaurante Candela Romero, Hotel St. Regis. Tamén subcampioa na sétima edición do Concurso Nacional de Joven Sommelier Mexicano de Cavas Freixenet en México.

Marcos Flores é director xeneral e propietario do Grupo Gemaric, consultora enolóxica. Tamén traballa como administrador de restaurantes: inventario de viños, cocteles e licores, operacións, capacitación de persoal…

16 de xuño de 2015 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.