Chega ao Teatro Colón a comedia ‘Te elegiría otra vez’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O venres 26 ás 20:30 horas chega ao Teatro Colón a comedia ‘Te elegiría otra vez’ con dirección de Sara Escudero e Goyo Jiménez. A programación desta semana complétase coa actuación dos alumnos da Escola de danza Druída o xoves 25 ás 21:00 horas, presentando o espectáculo La Cenicienta. O sábado 27 ás 20:30 horas Rafa Garcel presenta o concerto Homenaje a Antonio Molina.  

 ‘Te elegiría otra vez’ é unha comedia coral na que participan xóvenes actores coñecidos polos seus traballos en cine e televisión. Bernabé Fernández (‘El Barco’, ‘Aída’), Esmeralda Moya (’90-60-90’, ‘Los Protegidos’), Nerea Garmendia (‘Los hombres de Paco’), Camino Rubio (‘El Tránsito’), David García-Palencia (‘Cuéntame cómo pasó’, ‘Yo soy Bea’) e Nene (monologuista da Paramount Comedy) dan vida a tres parellas que teñen o amor como materia pendente.

Tras o éxito do programa televisivo ‘Zapeando’, a cómica Sara Escudero atrévese coa dirección teatral coa axuda do seu compañeiro de profesión e amigo Goyo Jiménez, dirixindo e producindo esta comedia romántica. ‘Te elegiría otra vez’ céntrase en historias independentes que na escena final se converten nun espello das nosas propias vivencias amorosas buscando a complicidade do público que a miúdo se sente reflectido nas situacións que que viven os personaxes.

Homenaje a Antonio Molina

O sábado 27 de xuño ás 20:30 horas Rafa Garcel presenta o espectáculo ‘Homenaje a Antonio Molina’. Un concerto no que contará coa colaboración de Miki Molina, fillo do mestre.

Rafa Garcel interpretará os temas máis coñecidos do mítico cantante e transportaranos á época na que Antonio Molina triunfaba en medio mundo para observar o que ocorría na sociedade española a través das cancións que marcaron esta época. Ademais das cancións e co apoio da dramaturxia, material audiovisual, danza e anécdotas, o espectador compartirá co intérprete unha morea de sensacións para achegarse a entrañable vida deste malagueño universal. 

22 de xuño de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.