Catro profesionais belgas visitan a D.O. Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Visita dos profesionais belgas

Visita dos profesionais belgas

Catro profesores de viño de prestixiosas Escolas de Hostalaría de Bélxica visitaron a D.O. Rías Baixas. O obxectivo desta viaxe foi profundar no seu coñecemento dos viños de Rías Baixas ‘in situ’, vendo de primeira man os procesos de elaboración nas diferentes empresas e tamén a coidada viticultura que se practica nesta denominación. Para iso visitaron 7 adegas, situadas nas subzonas do Salnés e do Rosal. Procedentes de escolas de hostalaría belgas:  Erick Desmarets,da escola de FlandesTer Groene Poorte; tamén  procede desa poboación o profesor Frank Celis, de  Leuven Hotelschool; Stéphane Wicquart, cuxo traballo se desenvolve en École Hôtelière de Valonia; Bram Lemmens, da Syntra Hotelschool en Bruxelas. Todos eles gozaron coas grandes posibilidades destes viños atlánticos de Rías Baixas.

Bélxica conta cun Plan de Promoción específico moi centrado na formación do prescriptor a través de catas en prestixiosas escolas de hostalaría, masterclass, con actividades dirixidas a relevantes asociacións de sumillería… Á que hai que sumar esta misión inversa de profesores de catro relevantes escolas de hostalaría, quen estiveron acompañados nesta viaxe por Germán Muñoz, de Terroir 34.

A D.O. Rías Baixas exportou a Bélxica un total de 92.882 litros de viño no exercicio 2014, no que ocupou a posición décimo terceira. A importancia deste mercado fixo que conte cun plan específico a partir deste ano. 

Currículos 

Bram Lemmes é profesor e catador freelance. Traballa para diferentes restaurantes e colabora con varios importadores de viño. Representa á Syntra Hotelschool. 

Sthepane Wicquart é un dos mellores profesores e formadores de catadores de Valonia. Representa á Escola de Hostalaría Ath, situada en Valonia, é a única escola de Sumillería da rexión valona de Hainaut. 

Erik Desmarets representa a Ter  Groene Poorte a escola máis prestixiosa escola de hotelería de Bélxica en cuxas aulas se formaron gran parte das Estrelas Michelín belgas. 

Frank Celis é responsable de viños non franceses na Escola de Hostalaría de Lovaina que conta cunha gran calidade en canto á formación dos seus catadores.

22 de xuño de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.