publicidade hoxe

Catro carballos e un freixo de Muimenta inclúense no catálogo de árbores senlleiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoLocal Portada
A-
A+
Unha das árbores catalogadas

Unha das árbores catalogadas

Fai meses, a Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta – XOTRAMU de Muimenta mostrou o seu interese de que catro carballos e un freixo centenarios, que se encontran no contorno do Campo da Igrexa Vella de Muimenta, e atendendo ao Decreto 67/2.007, do 22 de marzo, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, incluilos dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, o cal foi solicitado o pasado 19/02/2.013.

Desexase incluir eses catro Carballos e ese Freixo no Catálogo Galego de Especies Ameazadas e no Rexistro de Especies de Interese Galego, xa que se considera, que ditos árbores constitúen un patrimonio cultural valiosos, de interese público e irrecuperables, no caso da súa destrucción. Ademáis, xunto á Escola e a Igrexa vella restauradas nos últimos tempos, formarán un gran entorno, e esperamos garantir a conservación dos hábitats naturais e das especies da flora e a fauna, en especial, ás especies autóctonas e as amenazadas.

Unha das árbores que alí radica, ten unha tabla co poema que o escritor Chairego, Don Xosé Crecente Vega, lle adicou ao Freixo que está ubicado no Campo da Igrexa Vella de Muimenta.

Este luns, a Xunta de Galicia, concretamente a Dirección Xeral de Conservación da Naturaza, comunicou a proposta de dito organismo para que sexa aceptada dita proposta efectuada pola Asociación Xotramu.

17 de xuño de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.