Catro blogueros especializados en viaxes visitan A Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Visita de blogueros a vila da Guarda

Visita de blogueros a vila da Guarda

Catro blogueros especializados en viaxes, que traballan e escriben para Minube, percorreron, o pasado luns día 15, o Concello da Guarda, descubrindo todos e cada un dos recunchos que ofrece esta terra. Da man da técnico de Turismo do Concello, Rosalía Verde, os catro profesionais chegados, dous dende Madrid, un do País Vasco e outro de Galicia, pasearon durante toda a tarde pola localidade.

O primeiro que visitaron foi o casco histórico da localidade, o porto e asistiron á poxa na lonxa, algo que lles chamou moito a atención. Sobre todo, afirma Verde, quedaron sorprendidos polo tamaño e o prezo dos percebes.

Dende este punto, e despois de sacar decenas de fotos ós barcos no porto, ás rúas estreitas da vila ou ós fantásticos percebes na lonxa, esta peculiar excursión dirixiuse ó Monte Santa Trega. A técnico de Turismo do Concello fíxolles unha visita guiada na que os blogueros descubriron o castro, puideron fotografías os grabados rupestres e incluso visitaron o Masat. 

Durante toda a visita os blogueros especializados foron subindo as súas imaxes ás redes sociais. Aqueles interesados poden, por exemplo, descubrir a súa  percepción da Guarda en Twitter no hastahg #minubetrip. 

Durante estes días, e convidados pola Deputación, os visitantes descubriran tamén os encantos das Illas Cíes, de Vigo e da Ría de Arousa.

17 de xuño de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.