Catorce galegos participarán no Campionato de Europa de técnica de Taekwondo que se celebra en Belgrado

Os deportistas galegos que participarán no campionato
Galicia estará presente no Campionato de Europa de Técnica que se está a celebrar en Belgrado (Serbia), dende onte 23 ata o 29 de xuño. A nosa Federación acode a este torneo con catorce deportistas, que se gañaron sobre o tapiz a posibilidade de competir neste Europeo, coas súas actuacións no Campionato de España e no Open de España. O equipo galego viaxou onte en dirección a Belgrado e xa se atopa alí disposto a render ao máximo nivel.
Desta forma, o venres comezará a participación dos galegos con Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) en cadete, Ingrid Gómez (Tao) en freestyle + 18 anos e a parella formada por Anxo Costa e Andrea Vilas (Tao) en freestyle de -17 anos. O sábado competirán Samuel Meilán (Tao) en sénior 2, Bea Queiro (Tao) en máster 2 e Bea Felpeto e Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) en parella cadete. O último día de competición para os galegos será o domingo con Encarna Quintela (Hebe) en máster 4; o trío cadete formado por Manu Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo (Hebe) e o quinteto de freestyle, formado por Nerea Alamancos, Samuel Meilán, Ingrid Gómez, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez (Tao).











