Carmen Barrantes e Dani Muriel protagonizan ‘Una pareja Cualquiera’ no Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

A música e o teatro son os protagonistas da carteleira do Teatro Colón para esta fin de semana con grandes profesionais coñecidos do gran público polos seus traballos en televisión e no teatro musical. O venres 12 os actores Carmen Barrantes e Dani Muriel protagonizan ‘Una pareja cualquiera’ e o sábado 13 ás 22:00 h Daniel Diges, David Ordinas, Ignasi Vidal e Pablo Puyol xuntos na proposta musical ‘Poker de Voces’.

Una Pareja Cualquiera’ é unha comedia romántica con toques de comedia negra que tratar de desenmascarar a convivencia en parella e amosar as situacións que teñen lugar de portas para dentro. Dirixida por Miguel Ángel Calvo Buttini e escrita por el mesmo xunto a Álvaro Lión-Depetre a obra aborda o eterno tema do amor: as crises, as rupturas, as reconciliacións, o que non se di, etc. Precisamente contar temas tan clásicos e tratados dun xeito diferente foi un dos retos que Calvo Buttini se marcou ao iniciar este proxecto. A historia leva o amor máis alá da morte, e é que esta comedia romántica con tintes negros na que todo é o que parece non ser comeza cun suicidio.

Dani Muriel, coñecido polos seus papeis en series como Periodistas, Policías, Hospital Central, El Comisario, La que se avecina ou a actual Gym Tony, e Carmen Barrantes (B&B, El Clavo de Oro) dan vida á parella protagonista. Os actores Xabier Olza e Iñigo de Lascoiti completan o reparto

Catro grandes voces sobre o escenario

O sábado 13 ás 22:00 horas chega ao Teatro Colón o espectáculo Poker de Voces, unha proposta musicalmente impecable pero tamén próxima e desenfadada.

Catro grandes voces coñecidas pola súa participación nos grandes musicais que percorreron a nosa xeografía protagonizan esta proposta. Daniel Diges, David Ordinas, Ignasi Vidal e Pablo Puyol demostrarán non só a súa potencia vocal, senón tamén a súa personalidade sobre o escenario, nun concerto moi persoal que nos deixa ver o seu lado máis íntimo a través dos temas que os marcaron ao longo da súa vida.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. 

8 de xuño de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.