Carlos Martínez é nomeado alcalde de Vedra
Noméase como alcalde de Vedra a Don Carlos Martínez Carrillo, da man da súa compañeira de equipo Dona María Xesús Piñeiro Caldelas (como membro de máis idade da corporación). O acto de presentación da nova corporación municipal desenvolveuse no Salón de Plenos do Concello de Vedra ás 11 h e nel o Secretario Municipal foi o encargado de conducir o acto polo que queda instaurada a nova Corporación Municipal.