publicidade hoxe

Carballo asina con Gestagua o contrato de xestión do servizo público do ciclo integral da auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de asinar na Casa do Concello con representantes da empresa Gestión y Técnicas del Agua SL (Gestagua) o contrato de concesión do servizo público por procedemento aberto con varios criterios de adxudicación que ten por obxecto o “Ciclo integral da auga do Concello de Carballo”. No seu momento presentáranse ao procedemento aberto de licitación un total de cinco empresas e a mesa de contratación realizou a escolla a través dun único criterio de valoración, recollido no prego de condicións, que foi o de ofrecer un canon dun mínimo de 100.000 euros que as empresas tiveron a oportunidade de mellorar á alza.

O resultado do acto de apertura do sobre B, no que se recollía a oferta económica, reflectiu que a mellor proposta, cunha valoración máxima de 100 puntos, era a de Gestagua por un importe de 360.012 euros. Hai que lembrar que, despois dun intento que non saíu adiante para licitar a concesión por un período de 20 anos e por máis de 58 millóns de euros, acurtáronse os prazos e os importes e decidiuse licitar o servizo por un período dun ano, cun custe para o Concello de 1.700.000 euros máis o 10 por cento de IVE, o que faría un total de 1.870.000 euros. O novo contrato respectará as tarifas e taxas vixentes, que permanecerán inalterables. Até hoxe, día da formalización do contrato, o servizo, cuxa concesión remataba en decembro de 2014, estaba prorrogado con Viaqua, a empresa concesionaria durante os últimos vinte anos. Despois do acto de sinatura, será Gestagua a empresa que xestione o servizo durante os próximos doce meses.

29 de xuño de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.