Campionato de España OPEN – Gran Premio Deputación de Pontevedra en augas da Ría de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedraVilagarcía de Arousa
A-
A+

Mañá iníciase o Campionato de España OPEN – Gran Premio Deputación de Pontevedra para a Clase 49er no Centro Galego de Vela na cidade galega de Vilagarcía de Arousa, baixo a organización da Federación Galega de Vela e a Real Federación Española de Vela; catro días intensos de regata no que finalmente se tentará disputar un total de 18 probas no canto das 16 iniciais.

Durante a reunión de hoxe entre os equipos e o adestrador olímpico español, Carlos Llamas, e de cara a que as tripulacións saquen un maior rendemento nesta regata de cara ao próximo Campionato de Europa, a celebrar no Porto do 7 ao 12 de xullo; acordouse que a competición se disputará en formato World Cup, ata 18 probas e un só descarte a partir da terceira proba disputada.

A predición meteorolóxica para os próximo días será cambiante, con ventos do terceiro cuadrante para mañá martes, duns 5 a 12 nós do Sur / Suroeste, atrasándose a saída para as 12 horas; vento que ira rolando ao cuarto e primeiro cuadrante de mércores a venres. Aínda así non debemos de esquecer que a ría de Arousa goza dun microclima que poderá beneficiar a intensidade destes ventos no campo de regatas.

Cinco barcos españois e catro estranxeiros. Nove tripulacións inscritas neste Campionato de España Open 2015 49er – Gran Premio Deputación de Pontevedra, cinco delas de España e o resto de Canadá, Australia e Illas Virxes Británicas.

– ESP 32: Carlos Paz e Álvaro do Arco. (RCR Galicia/RCM Santander)

– ESP 900: Diego Botín e Iago López (RCM Santander/RCN Portosín) 

– ESP 46: Federico e Arturo Alonso (RC Astur Regatas).

– ESP 800: Víctor Paya e Enrique Ortiz (RCM Santander)

– ESP 738: Luís Bugallo e Daniel Álvarez (RCN Vigo/ RCN Portosín).

– CAN 311: Arthur e John Fergurson (Canadá) 

– CAN 905: David Mori e Justin Barnes (Canadá) 

– AUS 20: William Philips e James Wierzbowski (Australia)

– IVB 284: Alec Anderson e Chris Brockbank (Illas Virxes Británicas)

23 de xuño de 2015 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.