publicidade hoxe

Calvo atribúe o acordo de goberno entre Compromiso por Miño e o PP a unha decisión local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
Europa Press

O presidente en funcións da Deputación da Coruña e secretario xeral do PP coruñés, Diego Calvo, atribuíu a unha “decisión local” o acordo de goberno entre Compromiso por Miño e o PP, aínda que admitiu que non era “o que máis convencía” no partido. En concreto, preguntado se na formación apoiaban este acordo entre o alcalde de Miño -único edil de Compromiso por Galicia elixido nas pasadas eleccións municipais- e os seis concelleiros do PP, precisou que os populares deste municipio “saben cales son os principios” dos populares, dixo ao defender que debe gobernar a lista máis votada.

Así, engadiu que no PP seguen “apostando” por que isto sexa así “non só en Miño”. Por iso, dixo que lle asombra” a reacción “dalgúns cando reciben o mesmo que están a dar”, sentenciou sobre a situación noutros municipios galegos. Sobre a decisión do PP de Miño, dixo que teñen “autonomía para tomar decisións” e admitiu que o que lle gustou é que o seu partido puidese “formar goberno co edil independente”, sinalou reivindicando a Alcaldía.

REACCIÓN EN CxG

Mentres, desde Compromiso por Galicia desvinculáronse “totalmente e absolutamente” da candidatura de Miño. Tamén lamentaron a situación, á vez que avanzaron que solicitarán ao edil electo “que abandone a súa acta” para ser “coherente” coa posición mantida durante a campaña electoral.

Ademais, insiste que a intención era “non gobernar baixo ningún concepto co PP” e, por iso, fai un chamamento aos afiliados desta localidade “para que se desmarquen” da candidatura”.

“Compromiso por Galicia xa non ten nada que ver con eles nin a efectos legais, nin a efectos políticos”, indica sobre unha candidatura da que lembra que “a maior parte da xente era independente”.

18 de xuño de 2015 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.