Caballero valora o papel satisfactorio de Afundación na cidade de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero na reunión con Afundación

Caballero na reunión con Afundación

O alcalde mantivo este xoves unha reunión co presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, xunto ao seu xerente e director de Comunicación, tras a que Caballero indicou que a entrevista se mantivo nun “clima de cordialidade, entendemento e cooperación” e valorou o papel “globalmente satisfactorio” que realizan na cidade.

Abel Caballero explicou que esta primeira reunión servíu para facer un repaso da acción de Afundación na cidade así como para abordar as súas previsións para o futuro. O alcalde avanzou que a entidade planea unha importante exposición pictórica en Vigo, mais non quixo revelar nada para que sexa Afundación a que o faga público cando e como considere.

18 de xuño de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.