Caballero avanza o inicio da construción do parque das enerxías renovables de Navia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero na reunión coa Asociación Novo Vigo

Caballero na reunión coa Asociación Novo Vigo

O alcalde asinou esta mañá coa Asociación Novo Vigo un convenio de colaboración de 5.000 euros para cooperar cos gastos do aluguer do local social de Teixugueiras. Durante a reunión, o rexedor avanzou o próximo inicio das obras de construción do parque das enerxías renovables de Navia.

O goberno local coopera coa Asociación Vigo Navia cunha aportación de 5.000 euros para financiar o aluguer do seu local social. Durante a sinatura do convenio, Abel Caballero trasladoulle aos representantes veciñais o inminente inicio da construción do parque de enerxías renovables de Navia, onde se ubicará o dinoseto, segundo explicou o propio rexedor en rolda de prensa. Esta é unha das propostas incluida no chamado Plan Verde Municipal.

12 de xuño de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.