Buscan en Vigo a unha tartaruga chelydra serpentina desaparecida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Tartaruga desaparecida

Tartaruga desaparecida

Ás 13,00 horas do día de onte, Axentes da Policía Local de Vigo pertencentes á sección da UMIR, foron comisionados para que se dirixisen á zona de Matamá, onde unha tartaruga propiedade dunha cidadá desaparecera. Unha vez no lugar, foron informados pola requirente e propietaria do animal, que se trata dun exemplar denominado CHELYDRA SERPENTINA, duns trinta centímetros de lonxitude e cinco quilogramos de peso; que pode resultar bastante agresiva e mesmo provocar lesións en caso de mordedura.

Aínda que a comunicación policial produciuse o citado día 22, a última vez que se decataron da presenza da tartaruga foi o 19 de xuño. O animal atópase en tratamento veterinario debido a unha enfermidade na súa caparazón e necesita ser controlado diariamente. A patrulla realizou vixilancia en todas as zonas limítrofes, ademais de preguntar aos veciños, sen que a día de hoxe o animal fose localizado.

23 de xuño de 2015 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.