Bos resultados do galego Giovanni Pérez na proba do Trofeo Nacional Enduro en Almería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Giovanni Pérez

Giovanni Pérez

O pasado fin de semana, 30 e 31 de maio, celebrouse na localidade de Antas (Almeria) a 4ª proba do Cto. de España e Trofeo Nacional de Enduro con dúas xornadas de competición. Na categoría Senior C 2 tempos do Trofeo Nacional de Enduro o galego Carlos Giovanni Pérez finalizou na 2ª posición o sábado e no 3º posto o domingo. Resultados cos que continúa na segunda posición da clasificación provisional do Trofeo Nacional de Enduro na categoría Senior C 2 tempos. A próxima proba do Cto. de España e Trofeo Nacional de Enduro será no mes de outubro, os días 10 e 11 en Campillos Paravientos (Cuenca).

1 de xuño de 2015 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.