Boas prestacións dá Sociedade Ximnástica en Vigo
No Estadio de Balaídos de Vigo, celebrouse unha bonita xornada das series municipais de atletismo, coa presenza dos atletas da Sociedade Ximnástica, que continúan a súa progresión de cara aos Campionatos oficiais. Tres foron as vitorias parciais conseguidas a cargo de Alfonso Pérez nos 400 metros, con 50.5, Iván Docampo nos 1.500 metros, con 4.08.9 e Marco Martínez no salto de altura con 1,60.
Lucía Ferrer no hectómetro feminino, quedou segunda con 12.7 e o mellor foi conseguir a marca de cualificación para o Campionato de España Cadete.
6 atletas conseguiron asinar o terceiro posto, nos mozos, Óscar Abal no quilómetro; Alexandre Solla nos 110 metros valas e Marco Martínez no lanzamento de peso cadete. Polas mozas, Lucía Cardesín nos 300 metros, María Acuña no salto de altura e María Jiménez no lanzamento de peso cadete.
Eduardo Gallardo, Sergio Paredes e Manuel Casteláns; séguense superando
Os atletas da Sociedade Ximnástica, continúan logrando grandes rexistros, aproveitando as numerosas competicións de atletismo que enchen os calendarios por estas datas.
En Vila Nova de Cerveira, viviuse de novo unha gran competición de lanzamentos; ademais do fantástico record galego absoluto, do atleta do Marathon, Isaac Vicente, no lanzamento de martelo; Sergio Paredes demostrou que está en boa forma de cara ao nacional júnior, lanzando o martelo, da súa categoría, ata os 61,46; tamén Víctor Gallego actuou en Portugal, con dúas vitorias no lanzamento de disco, con 52,02 metros e o lanzamento de peso con 16,20.
Ata Villanueva de la Serena, en Badaxoz, desprazouse Eduardo Gallardo, correndo os 400 metros en 48.96, na que foi a súa primeira carreira do ano por baixo dos 49 segundos. A súa meta está nos 48 segundos xustos que pide a RFEA para o nacional absoluto.
Por último en León, no Centro de Alto Rendemento, organizouse outra competición de lanzamentos coa presenza de Manuel Casteláns, que volveu lanzar por encima dos 60 metros, con 60,26.











