publicidade hoxe

Benxamíns e alevíns do Burela reciben o verán en Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosBurelaDeportes
A-
A+

Tras a gala oficial de clausura 2014-15 desta tarde, as categorías benxamín e alevín da ED Burela FS recibe o verán esta fin de semana co X Torneo Cidade de Betanzos. Catro clubs e oito equipos participarán na cita entre o venres 19 e o domingo 21. Xunto á escola laranxa e ao anfitrión, Troula FS, competirán tamén Club del Mar e O Parrulo Ferrol FS.

Últimos días para formalizar a matrícula 2015-16

Ata o martes 30 de xuño estará aberta a matrícula da ED Burela FS 2015-16, destinada aosgrupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil; coa incorporación da categoría de Iniciación, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011.

A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.

Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e dúas fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas de 70 euros; os cargos realizaranse en outubro e febreiro.

Os alumnos/as da ED recibirán un pack deportivo con material de primeirísima calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, camiseta, mochila, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. O sponsor oficial do club, Living Sport (Trapero Pardo, 14, Foz), encargarase de xestionar o material para cada neno/a (importe: 150 euros).

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.

Probas de acceso para Cadetes e xuvenís

Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista tamén poden formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a última semana de xuño. O prazo estará aberto ata o luns 22 de xuño.

Álbums personalizados. Encarga o teu para a próxima tempada

Entre as novidades para o vindeiro curso, a ED Burela FS ofrecerá Álbums Personalizados. Todos os alumnos/as que así o desexen poderán adquirir un recordo audiovisual con fotografías do xogador/a xunto ao seu ídolo laranxa de Primeira División, así como  un vídeo do día a día do alumno/a na escola e das súas impresións sobre o fútbol sala.

18 de xuño de 2015 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.